BUSCAR EN ESTE BLOG

Mostrando entradas con la etiqueta Programación Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programación Galicia. Mostrar todas las entradas

Cultura Audiovisual en bachillerato. Currículo LOMCE






RD 1105/2014 de 26 de setiembre por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato. BOE

Cultura Audiovisual 
Curriculo LOMCE en Galicia

Introdución

Esta materia pretende iniciar os/as estudantes na fabricación das súas propias imaxes e dos seus propios produtos audiovisuais, de natureza tanto estática (como a fotografía) como dinámica (como o vídeo). Para isto cómpre que o alumnado estea en situación de analizar, relacionar e comprender os elementos que forman parte da cultura au- diovisual do noso tempo.
A cantidade de información que circula na actualidade, construída a partir de elementos técnicos audiovisuais (fo- tografía, cine, vídeo, televisión e mesmo radio) é dunha importancia e dunha magnitude dunhas dimensións que nunca se deron na historia da humanidade. A sociedade moderna ten como un dos seus sinais de identidade a presenza de imaxes dixitais en practicamente calquera actividade que desenvolva.

Desde as orixes da humanidade, no paleolítico, a evolución social dos pobos tivo a súa plasmación gráfica, en representacións icónicas ao longo do tempo, na que se reflicte o ámbito en que viven, utilizando para iso variadas ferramentas ao longo do tempo (nomeadamente o debuxo, a escultura e a pintura). A aparición da fotografía e o cine no século XIX trouxo un novo xeito de reflectir a realidade, baseado na impresión da imaxe nunha película. Unha das novidades do novo produto foi que a imaxe obtida gozou desde a súa orixe de percepción por parte da sociedade de imaxe verosímil e sen manipular, é dicir, de reflexo certo do real que alí se reflectía. Xunto a isto, a posibilidade de reprodución, practicamente ilimitada, destes elementos permitiu o acceso a esta información á ma- ioría da sociedade, preferentemente occidental, abranguendo, probablemente por primeira vez na historia, todas as capas sociais. Desde entón, a sociedade viviu unha nova relación de comunicación entre os seus elementos, ba- seada dun modo crecente en medios audiovisuais. A historia do século XX non se pode concibir sen o uso da ima- xe e o son como ferramentas de datación e avaliación dos feitos acontecidos; analizar calquera fito histórico e non recorrer a algún tipo de imaxe fotográfica ou cinematográfica asociada é unha tarefa difícil de concibir na mentalidade actual.

O século XXI presenta na súa cabeceira unha nova revolución social nas comunicacións: a era dixital e internet. Estes dous elementos están a supor un cambio tal nos comportamentos sociais que custa aventurar cara a onde camiñan as novas xeracións nacidas dentro deste sistema de información e intercambio de datos. Por primeira vez na historia practicamente todo o mundo, en todos os países, ten ferramentas de recepción e envío de información no instante, información que se constrúe coas ferramentas que esta materia trata de analizar para facilitar a aprendizaxe.

Unha circunstancia recente xurdida das novas plataformas dixitais é a posibilidade de publicar na rede produtos construídos con moi poucos medios técnicos e á marxe da industria dedicada á produción dixital. Estas producións individuais poden ser vistas e/ou escoitadas por millóns de persoas. Por vez primeira na historia, os/as creativos/as poden alcanzar o recoñecemento da súa obra sen pasar polo filtro da industria audiovisual. Este apoio inicial serve como indicativo de calidade para unha posterior integración de novos/as creadores/as dentro da industria audiovi- sual. Por outra banda, a facilidade de exposición do material ("subir á rede") non supón un aumento da calidade do creado; moi ao contrario, a realidade indícanos que a posibilidade ilimitada de xerar fotos, vídeos, blogs e páxinas web sen a axuda do criterio razoado da industria está a inundar o mercado audiovisual de produtos de calidade moi deficiente. Resulta pertinente, xa que logo, que os alumnos e as alumnas entendan a importancia do proceso creativo e a súa relación inescusable coa industria que se encarga de xestionalo.



Outra das novidades que presenta o mundo dixital actual, que o diferencia das súas orixes (sistemas analóxicos), é a posibilidade de xeración de imaxes artificiais ou alteradas dun modo dificilmente distinguible da imaxe obtida por pura impresión da realidade. Os modernos sistemas dixitais de edición permiten crear ou modificar a realidade da imaxe cunha calidade dificilmente distinguible da simple plasmación da realidade nun fotograma de celuloide.

Por tanto, faise necesario e pertinente facilitarlle ao alumnado ferramentas técnicas e educativas que lle axuden a xestionar a marea de datos, información, imaxes, sons e posibilidades creativas que diariamente recibe en case todos os ámbitos nos que se desenvolve a súa vida. A intensidade e a efectividade que conseguen as creacións plásticas realizadas en soporte dixital son, indubidablemente, dunha forza impresionante, posto que combinan sa- bia ou atinadamente imaxes, música e mensaxes sonoras.

Trátase, daquela, de que o alumnado comprenda e analice a cultura audiovisual da sociedade na que vive e os medios de produción utilizados para xerala; deste xeito, poderá ser quen de desenvolver un sentido crítico e per- soal, para ordenar a información recibida e temperar a intensidade da potencia icónica que o mundo audiovisual xera.



A adquisición de competencias para a análise dos elementos expresivos e técnicos, e a dotación de conciencia crítica, debe servir para crear unha cidadanía máis responsable, crítica e participativa.

Esta materia ten un carácter propedéutico necesario e básico para o seu desenvolvemento en etapas posteriores, xa sexa en estudos universitarios de comunicación audiovisual e publicidade, belas artes, etc., ou xa nos de forma- ción profesional de imaxe e son e nas ensinanzas artísticas.



Neste sentido, o ensino desta materia estrutúrase en dous camiños paralelos e complementarios. O primeiro deles é a análise dos produtos que se presentan por medios dixitais: aprender a ver, a escoitar, a discernir o que se di, como se di e por que se lle presenta ao/á espectador/a dun xeito determinado. O segundo é a creación por parte do alumnado de produtos audiovisuais; aprender o proceso creativo dos produtos audiovisuais é, probablemente, unha das mellores ferramentas para o desenvolvemento persoal e humano, que lles podemos facilitar aos alumnos e ás alumnas para a comprensión dos contidos que reciben por medios dixitais.


Estas dúas vías son, por tanto, imprescindibles e complementarias na formación; cada unha axuda a outra para camiñar xuntas no obxectivo de formar o alumnado nunha materia tan apaixonante como é a creación audiovisual. O alumnado necesitará saber ler os produtos audiovisuais para comprender a súa mensaxe e, de xeito comple- mentario, empezar a xerar produtos dixitais, co fin de se comunicar e coñecer mellor a realidade da cultura audio- visual.

Cultura Audiovisual desenvólvese durante dous cursos académicos, co criterio organizador de afianzar no primeiro curso de bacharelato as habilidades e os coñecementos necesarios para o seu desenvolvemento, e a súa aplica- ción técnica no segundo curso. No primeiro curso o alumnado analizará a evolución dos medios e das linguaxes audiovisuais, e as funcións e as características da imaxe fixa e en movemento, co fin de crear narracións audiovi- suais sinxelas. No segundo curso analizará a importancia da función expresiva da imaxe, o son e a música no pro- ceso de creación de audiovisuais e, así mesmo, comprenderá a organización da produción de audiovisuais e as características dos novos medios e das mensaxes publicitarias, co fin de valorar e realizar produtos audiovisuais sinxelos. 

Cultura Audiovisual I - 1º de bacharelato












Cultura Audiovisual II - 2º de bacharelato