BUSCAR EN ESTE BLOG

Mostrando entradas con la etiqueta Kinetoscopio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Kinetoscopio. Mostrar todas las entradas

O Kinetoscopio. Outra das patentes de Edison.


Unha falta de sincronización fixo que o que podía ser o invento máis revolucionario do mundo do cinema quedase obsoleto ao pouco tempo de nacer. Con todo, serviu para dar a pauta a novas ideas e dar un xiro ás imaxes estáticas para levalas ás salas cinematográficas.
O 14 de abril de 1894 presentouse, en Estados Unidos, a primeira máquina de cinema: o kinetoscopio. Baseado nunha idea de Eadweard Muybridge, Thomas Edison foi o encargado de patentar este artefacto que se convertería no precursor das películas cinematográficas, e fíxoo da man do seu colaborador William Kennedy Laurie Dickson.
"É unha máquina que pode facer para os ollos aquilo que o fonógrafo fai aos oídos", segundo o seu propio creador. Por primeira vez, o son e a imaxe ían da man, aínda que non dun modo sincronizado, motivo principal do seu fracaso. E é que o kinetoscopio caeu no esquecemento, non sen antes ter o seu tempo de gloria grazas á creación, a finais de 1890, das primeiras salas de reprodución. Foi así como os norteamericanos, en xeral, e os neoiorquinos, en particular, coñeceron, por primeira vez, as películas en movemento..



"Dickson Experimental Sound Filme" foi o primeiro filme proxectado baixo este artefacto creado por este xenio da invención que nunca imxinouse que serviría de inspiración aos irmáns Lumiére para dar vida ao coñecido cinematógrafo. fonte: piquio.com



El Quinetoscopio" Edison kinetoscope films (1894 -1896)



En el siglo XIX, además de los hermanos Lumière hay que destacar como precursores a otros personajes de la historia. El kinetoscopio fue el precursor del moderno proyector de películas desarrollado por William Kennedy Laurie Dickson, que trabajaba con Thomas Edison. De acuerdo con los hechos históricos, antes de que Edison tuvo la idea inspirada en una visita a Eadweard Muybridge en 1888, desarrolló un invento que llamó Zoopraxiscopio. Muybridge quería financiar y promover una mayor colaboración con Edison en el desarrollo de un proyecto de una máquina que pudiera mostrar imágenes y sonido de forma simultánea. Este proyecto incluía el fonógrafo inventado por Edison.

A finais do século XIX, ademais dos irmáns Lumière cabe destacar como precursores a outros personaxes na historia. O cinetoscópio (tamén Kinetoscope ou cinetoscópio) foi o precursor do proxector de imaxes en movemento desenvolvido por William Kennedy Laurie Dickson que traballou con Thomas Edison. Segundo feitos históricos, antes de ter a idea Edison inspirouse nunha visita a Eadweard Muybridge en 1888, que desenvolveu un invento o que chamou Zoopraxiscope. Parece que Muybridge foi destinado a financiar e promover unha asociación máis forte co Edison no desenvolvemento dun proxecto dunha máquina que podería emitir son e mostrar imaxes á vez. Neste proxecto incluíu o fonógrafo inventado por Edison.