“L’arroseur arrosé” é o título orixinal desta curta de 40 segundos de cinema muda considerada a primeira obra cinematográfica con argumento. Rodada por uns dos irmáns Lumière a historia conta a broma que lle fai un mozo a un xardineiro pisando a goma cando este está a regar o xardín. No momento no que o segundo inspecciona a mangueira para ver que ocorre, o raparigo levanta o pé e o home acaba empapado, empezando a persecución. Un dos primeiros gags da historia do celuloide que arrincou a gargallada do entón inocente e sorprendido público. Hoxe en día pode resultar manido e pouco sorprendente, pero trátase dunha peza histórica. Se o espectador é capaz de retrotraerse no tempo, apreciará mellor a xenialidade de “O Regador Regado"
No hay comentarios:
Publicar un comentario