A laranxa mecánica é unha novela de Anthony Burgess, publicada en 1962 e adaptada por Stanley Kubrick na película homónima aparecida en 1971. Se considéraa parte da tradición das novelas distópicas británicas, sucesora de traballos como 1984 e Un mundo feliz. Na filmografía de Kubrick, "Teléfono Rojo: Voamos cara a Moscova" ("Dr. Strangelove" ou "How I learned to stop worrying and love the bombs", 1964) e "2001, Unha odisea no espazo "("2001, A space odissey", 1968) unha triloxía que mostra un director cunha capacidade única de explorar a condicción e temores dos seus coetáneos. As canles do seu subconsciente ábrense e xorden todos os seus medos e desesperanzas: o da aniquilación por efecto dos ataques nucleares, e o misterio do universo descoñecido son dous deles. No caso da "Laranxa Mecánica" ("Clockwork Orange", 1971) o temor vén provocado pola imposibilidade de elección ante a tiranía doutros homes.
A banda sonora é un elemento vertebrador deste violento conto. Incluso a estrutura do mesmo é a dunha aria con obertura A-a' A-B-A' en que A sería a parte en que Alexander e seus "drugos" levan a cabo as temibles sesións de ultraviolencia, B o experimento Ludovico e Á' parte oposta á A, en que a violencia se volve en contra do protagonista. Este personaxe caracterízase pola súa tremenda complexidade: en contra do concepto platónico acerca da calma que produce a música nos carácteres sanguíneos, Alex altérase ao son de Beethoven, sobre todo ao de seu 9ª Sinfonía.
Kubrick manifesta nesta película unha mensaxe en defensa non da violencia, como equivocadamente se interpretou en numerosas ocasións, senón da libre elección.
Música, linguaxe, vestiario e escenografía están ao servizo desta alegoría didáctica que satiriza os vicios da sociedade. Fontes: Wikipedia e un artigo de Verónica Cano en Fandigital.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario