+

+
Gracias al alumnado del IES María Soliño por sus imágenes y video-creaciones compartidas.

Recurso: stop motion now

C.A.I - C.A.II Currículo LOMCE





RD 1105/2014 de 26 de setiembre por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato. BOE

Cultura Audiovisual 
Curriculo LOMCE en Galicia

Introdución

Esta materia pretende iniciar os/as estudantes na fabricación das súas propias imaxes e dos seus propios produtos audiovisuais, de natureza tanto estática (como a fotografía) como dinámica (como o vídeo). Para isto cómpre que o alumnado estea en situación de analizar, relacionar e comprender os elementos que forman parte da cultura au- diovisual do noso tempo.
A cantidade de información que circula na actualidade, construída a partir de elementos técnicos audiovisuais (fo- tografía, cine, vídeo, televisión e mesmo radio) é dunha importancia e dunha magnitude dunhas dimensións que nunca se deron na historia da humanidade. A sociedade moderna ten como un dos seus sinais de identidade a presenza de imaxes dixitais en practicamente calquera actividade que desenvolva.

Desde as orixes da humanidade, no paleolítico, a evolución social dos pobos tivo a súa plasmación gráfica, en re- presentacións icónicas ao longo do tempo, na que se reflicte o ámbito en que viven, utilizando para iso variadas ferramentas ao longo do tempo (nomeadamente o debuxo, a escultura e a pintura). A aparición da fotografía e o cine no século XIX trouxo un novo xeito de reflectir a realidade, baseado na impresión da imaxe nunha película. Unha das novidades do novo produto foi que a imaxe obtida gozou desde a súa orixe de percepción por parte da sociedade de imaxe verosímil e sen manipular, é dicir, de reflexo certo do real que alí se reflectía. Xunto a isto, a posibilidade de reprodución, practicamente ilimitada, destes elementos permitiu o acceso a esta información á ma- ioría da sociedade, preferentemente occidental, abranguendo, probablemente por primeira vez na historia, todas as capas sociais. Desde entón, a sociedade viviu unha nova relación de comunicación entre os seus elementos, ba- seada dun modo crecente en medios audiovisuais. A historia do século XX non se pode concibir sen o uso da ima- xe e o son como ferramentas de datación e avaliación dos feitos acontecidos; analizar calquera fito histórico e non recorrer a algún tipo de imaxe fotográfica ou cinematográfica asociada é unha tarefa difícil de concibir na mentalidade actual.

O século XXI presenta na súa cabeceira unha nova revolución social nas comunicacións: a era dixital e internet. Estes dous elementos están a supor un cambio tal nos comportamentos sociais que custa aventurar cara a onde camiñan as novas xeracións nacidas dentro deste sistema de información e intercambio de datos. Por primeira vez na historia practicamente todo o mundo, en todos os países, ten ferramentas de recepción e envío de información no instante, información que se constrúe coas ferramentas que esta materia trata de analizar para facilitar a aprendizaxe.

Unha circunstancia recente xurdida das novas plataformas dixitais é a posibilidade de publicar na rede produtos construídos con moi poucos medios técnicos e á marxe da industria dedicada á produción dixital. Estas producións individuais poden ser vistas e/ou escoitadas por millóns de persoas. Por vez primeira na historia, os/as creativos/as poden alcanzar o recoñecemento da súa obra sen pasar polo filtro da industria audiovisual. Este apoio inicial serve como indicativo de calidade para unha posterior integración de novos/as creadores/as dentro da industria audiovi- sual. Por outra banda, a facilidade de exposición do material ("subir á rede") non supón un aumento da calidade do creado; moi ao contrario, a realidade indícanos que a posibilidade ilimitada de xerar fotos, vídeos, blogs e páxinas web sen a axuda do criterio razoado da industria está a inundar o mercado audiovisual de produtos de calidade moi deficiente. Resulta pertinente, xa que logo, que os alumnos e as alumnas entendan a importancia do proceso creativo e a súa relación inescusable coa industria que se encarga de xestionalo.



Outra das novidades que presenta o mundo dixital actual, que o diferencia das súas orixes (sistemas analóxicos), é a posibilidade de xeración de imaxes artificiais ou alteradas dun modo dificilmente distinguible da imaxe obtida por pura impresión da realidade. Os modernos sistemas dixitais de edición permiten crear ou modificar a realidade da imaxe cunha calidade dificilmente distinguible da simple plasmación da realidade nun fotograma de celuloide.

Por tanto, faise necesario e pertinente facilitarlle ao alumnado ferramentas técnicas e educativas que lle axuden a xestionar a marea de datos, información, imaxes, sons e posibilidades creativas que diariamente recibe en case todos os ámbitos nos que se desenvolve a súa vida. A intensidade e a efectividade que conseguen as creacións plásticas realizadas en soporte dixital son, indubidablemente, dunha forza impresionante, posto que combinan sa- bia ou atinadamente imaxes, música e mensaxes sonoras.
Trátase, daquela, de que o alumnado comprenda e analice a cultura audiovisual da sociedade na que vive e os medios de produción utilizados para xerala; deste xeito, poderá ser quen de desenvolver un sentido crítico e per- soal, para ordenar a información recibida e temperar a intensidade da potencia icónica que o mundo audiovisual xera.




A adquisición de competencias para a análise dos elementos expresivos e técnicos, e a dotación de conciencia crítica, debe servir para crear unha cidadanía máis responsable, crítica e participativa.

Esta materia ten un carácter propedéutico necesario e básico para o seu desenvolvemento en etapas posteriores, xa sexa en estudos universitarios de comunicación audiovisual e publicidade, belas artes, etc., ou xa nos de forma- ción profesional de imaxe e son e nas ensinanzas artísticas.



Neste sentido, o ensino desta materia estrutúrase en dous camiños paralelos e complementarios. O primeiro deles é a análise dos produtos que se presentan por medios dixitais: aprender a ver, a escoitar, a discernir o que se di, como se di e por que se lle presenta ao/á espectador/a dun xeito determinado. O segundo é a creación por parte do alumnado de produtos audiovisuais; aprender o proceso creativo dos produtos audiovisuais é, probablemente, unha das mellores ferramentas para o desenvolvemento persoal e humano, que lles podemos facilitar aos alumnos e ás alumnas para a comprensión dos contidos que reciben por medios dixitais.


Estas dúas vías son, por tanto, imprescindibles e complementarias na formación; cada unha axuda a outra para camiñar xuntas no obxectivo de formar o alumnado nunha materia tan apaixonante como é a creación audiovisual. O alumnado necesitará saber ler os produtos audiovisuais para comprender a súa mensaxe e, de xeito comple- mentario, empezar a xerar produtos dixitais, co fin de se comunicar e coñecer mellor a realidade da cultura audio- visual.

Cultura Audiovisual desenvólvese durante dous cursos académicos, co criterio organizador de afianzar no primeiro curso de bacharelato as habilidades e os coñecementos necesarios para o seu desenvolvemento, e a súa aplica- ción técnica no segundo curso. No primeiro curso o alumnado analizará a evolución dos medios e das linguaxes audiovisuais, e as funcións e as características da imaxe fixa e en movemento, co fin de crear narracións audiovi- suais sinxelas. No segundo curso analizará a importancia da función expresiva da imaxe, o son e a música no pro- ceso de creación de audiovisuais e, así mesmo, comprenderá a organización da produción de audiovisuais e as características dos novos medios e das mensaxes publicitarias, co fin de valorar e realizar produtos audiovisuais sinxelos. 

Cultura Audiovisual I - 1º de bacharelato












Cultura Audiovisual II - 2º de bacharelato








No hay comentarios:

Publicar un comentario