BUSCAR EN ESTE BLOG

4 videos finalistas en Fluido Rosa de RNE radio 3


Un videoclip de Amanda Solla, outro de Sara González, Gabi Currás e Loli López; outro de Kevin Martínez, Josué e Roberto máis unha animación de Juan Molina Fernández, alumnos todos eles de Artes do IES María Soliñ,o quedaron finalistas do concurso e enlazados permanentemente no programa radiofónico de Rosa Pérez sobre arte contemporánea, e indeleblemente na nosa memoria. PARABENS! Exercicios entregados na 1º avaliación. Lástima que o horario do programa "Fluido Rosa" de Radio 3 (RNE) que dirixe Rosa Pérez, non nos cadrara ben para escoitalo en directo xa que emite na madrugada dos domingos, e os luns temos que madrugar. Nas ligazón podemos ver os 13 videos seleccionados cos comentarios deixados polos ointes e os gañadores. Un exercicio que os alumnos entregaron para a materia de cultura audiovisual e o taller de animación motivados pola convocatoria deste espazo de arte contemporánea da radio pública.


































No hay comentarios:

Publicar un comentario