+

+
Materiales y recursos educativos:

Recurso: stop motion now

O Kinetoscopio. Un dos inventos de Edison

Unha falta de sincronización fixo que o que podía ser o invento máis revolucionario do mundo do cinema quedase obsoleto ao pouco tempo de nacer. Con todo, serviu para dar a pauta a novas ideas e dar un xiro ás imaxes estáticas para levalas ás salas cinematográficas.
O 14 de abril de 1894 presentouse, en Estados Unidos, a primeira máquina de cinema: o kinetoscopio. Baseado nunha idea de Eadweard Muybridge, Thomas Edison foi o encargado de patentar este artefacto que se convertería no precursor das películas cinematográficas, e fíxoo da man do seu colaborador William Kennedy Laurie Dickson.
"É unha máquina que pode facer para os ollos aquilo que o fonógrafo fai aos oídos", segundo o seu propio creador. Por primeira vez, o son e a imaxe ían da man, aínda que non dun modo sincronizado, motivo principal do seu fracaso. E é que o kinetoscopio caeu no esquecemento, non sen antes ter o seu tempo de gloria grazas á creación, a finais de 1890, das primeiras salas de reprodución. Foi así como os norteamericanos, en xeral, e os neoiorquinos, en particular, coñeceron, por primeira vez, as películas en movemento..

"Dickson Experimental Sound Filme" foi o primeiro filme proxectado baixo este artefacto creado por este xenio da invención que nunca imxinouse que serviría de inspiración aos irmáns Lumiére para dar vida ao coñecido cinematógrafo. fonte: piquio.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario