+

+
Materiales y recursos educativos:

Recurso: stop motion now

La Fura dels Baus. A performance e o happening.

Window of the City de La Fura dels Baus

En inglés, performance quere dicir actuación, execución. O termo performance art foi difundido nos anos 50 polo compositor John Cage para definir unha acción artística que reúne varios medios de expresión: teatro, danza, fotografía, poesía, música... O precedente foron as veladas vándalas montadas a inicios do século XX no Cabaret Voltaire de Zúric por Tristan Tzara e os dadaístas, pero tivo o seu auxe nos 60 e 70 coas performances provocadoras de artistas como Vito Acconci, creador do espectáculo Seedbed, durante o cal se masturbaba en público nunha galería de Nova York. A performance adoita ser un acto organizado no que non interveñen os espectadores, mentres que o happening é un evento improvisado que exixe a participación do público.

A Fura inicia a súa andaina como grupo de animación de rúa actuando en distintos pobos e cidades de Catalunya. Esta primeira etapa duraría 5 anos e nela o grupo experimentou con moitos dos trazos estéticos que logo constituirían a súa linguaxe.
A Fura dels Baus é unha compañía en constante proceso de evolución que abordou, desde a súa fundación en 1979, novos retos no campo das artes escénicas. Os seus espectáculos e accións puntuais causaron un gran impacto tanto na crítica como no público internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario